FAQ’s

Preguntas e respostas máis frecuentes

i

ALCANCE DESTE SERVIZO

Que tipo de dúbidas ou problemas me axudaredes a resolver?

Cuestións puntuais e concretas relacionadas coas tecnoloxías da información e comunicación: Internet, redes sociais, páxinas web… e tamén cos dispositivos dixitais como o teu móbil, portátil ou tableta: configuración, conexións, notificacións…

 É importante que entendas que non podemos facer cursos individuais sobre un dispositivo, informática ou Internet.

Como podedes axudarme na práctica?

Indicámosche como facer e poñémosche exemplos, orientámoste e axudamoste pero nunca realizamos actividades no teu nome nin configuramos directamente o teu dispositivo.

Téñovos que facilitar a miña clave para algo?

Non queremos nin nos gusta coñecer as túas claves de acceso a calquera aplicación, servizo ou trámite. Podemos ensinarche a poñer unha clave segura e recomendarche que a gardes nun lugar privado pero nunca a rexistraremos nós mesmos.

En que asuntos non me ides a axudar?

Obviamente naqueles que entendamos que poidan supoñer unha vulneración da legalidade vixente pero tampouco queremos entrar nos relacionados coa túa saúde persoal, asuntos financeiros ou de caracter estritamente privado.

Debes ter claro que non somos orientadores laborais, asistentes sociais ou consultores financeiros polo que non che poderemos axudar sobre o fondo destas cuestións ou facer tramitacións no teu nome.

Atendédesme inmediatamente?

Si, sempre que fagas a túa consulta no horario de atención establecido. Se estás fóra dese horario podes enviarnos un correo co teu problema e poñerémonos en contacto contigo para solucionalo ou pedirche máis información.

Podedes axudarme a realizar un trámite?

Por suposto, queremos ser facilitadores e acompañarte na realización deses trámites en liña que che piden desde a administración ou desde entidades privadas.

Pero debes ter en conta que non somos orientadores laborais, asistentes sociais ou consultores financeiros, polo que non che poderemos axudar sobre o fondo destas cuestións ou facer tramitacións no teu nome.

Podedes arranxar o meu teléfono ou a miña tableta?

Podemoste orientar na configuración correcta do teu dispositivo e mesmo poderiamos deducir se hai algún tipo de problema pero en ningún caso a nosa misión é arranxar unha disfunción do aparello.

E se non sodes capaces de resolver as miñas dúbidas?

Pois tomámonos un tempo e concertamos unha cita posterior ou che enviamos un correo electrónico. Se, aínda así, non podemos axudarche só nos quedará indicarche a entidade ou servizo comercial ao que dirixirte ben presencialmente ou por medios dixitais.

i

HORARIO ATENCIÓN PRESENCIAL EN BIBLIOTECAS

Horario atención presencial
i

ATENCIÓN NAS BIBLIOTECAS

Necesito facer una consulta en persoa

Se non te sentes cómodo coa atención en liña sempre podes acudir físicamente a algún dos nosos centros bibliotecarios. Pica aquí para coñecer os horarios de atención presencial.

Hai outras maneiras de aprender ou resolver as miñas dúbidas coas TIC' s?

Por suposto, na Rede de Bibliotecas Municipais dá Coruña contas cun amplo fondo bibliográfico para axudarche. Guías, obras de divulgación, manuais… están á túa disposición para que poidas aprender de forma autónoma; só tes que consultar o noso catálogo en liña

Bibliotecas Municipais da Coruña?

A Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña é un servizo público gratuíto e universal dependente do Concello da Coruña composta por unha rede de centros bibliográficos distribuídos pola cidade.

Definímonos como centros de acceso á información e promoción da lectura con recursos para contribuír ao desenvolvemento persoal e cívico das persoas, facilitando a aprendizaxe permanente e o uso activo do tempo libre.

Como funciona a Atención Tecnolóxica presencial na biblioteca?

En cada biblioteca, unha persoa experta atenderá as túas dúbidas e problemas no ámbito dixital de forma individual e personalizada nos días e horarios establecidos.

Hai outros programas de formación?

Existen moitas e variadas actividades de formación e divulgación nas nosas bibliotecas: idiomas, formación para persoas adultas, apoio escolar. Podes consultar a información detallada na nosa web.

Que medidas para previr o contaxio fronte á pandemia sanitaria existen nas bibliotecas?

Ademais das medidas xerais de aplicación obrigatoria:  Uso obrigatorio de máscara, distancia interpersoal mínima de 1,5 metros,  uso de xel hidroalcohólico, as Bibliotecas Municipais da Coruña estableceron unha serie de accións destinadas a previr calquera contaxio como:

  • Corentena dos materiais prestados.
  • Alfombriñas desinfectantes.
  • Desifección de espazos.
  • Ventilación regular de estancias.
  • Paneis medidores de CO2, humidades e temperatura.